ORTIGUEIRA

Montaña, val, río, mar e, sobre todo, ría. Ortigueira é terra de contrastes, cos cumios máis elevados da serra da Capelada e da Faladoira xunto ao mar.
A ría de Ortigueira e Ladrido, pola súa fauna e flora, é un dos humedais máis importantes de Galicia. Para os máis aventureiros, por todo o municipio existen nove rutas de costa e de montaña que permiten gozar da gran riqueza natural e paisaxística do territorio
Non obstante, Ortigueira é moito máis. Por exemplo, é historia e patrimonio. Aquí contabilízanse ata 14 castros. Entre eles, destaca o xacemento de Punta dos Padros, un bo exemplo de castro marítimo.
A vila tamén conserva importantes mostras arquitectónicas do século XIX coma o Teatro da Beneficiencia ou o Convento (sede do Concello) ou a igrexa de Santa Marta.
A localidade convértese cada verán na capital da música celta co Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Unha cita que congrega a milleiros de persoas chegadas de todo o mundo.

