fragas

As zonas de interior do destino Ferrolterra – Rías Altas, ideais para relaxadas estancias en casas rurais, ofrecen tamén moitas posibilidades de turismo activo.

As opcións para practicar sendeirismo son innumerables. Con todo, destacan un total de 21 rutas neste destino que son realmente factibles. Ao redor dos ríos Belelle, Xuvia e Castro, así como polas Fragas do Eume. Percorrendo estes sendeiros gozarás do ecosistema nunha contorna protexida. Outras rutas, atlánticas, regalaranche unhas vistas espectaculares á costa. Para os que prefiren a bicicleta, encontrarán un total de 7 rutas de cicloturismo.

Ademais de pesca deportiva, coma no couto de pesca do río Xuvia, co seu propio torneo, hai outros deportes náuticos. Por exemplo, piragüismo e vela no encoro da Ribeira (As Pontes) ou no das Forcadas (Valdoviño).

Descubre as rutas que che ofrece o noso Wikiloc.

Consello
Infórmate das rutas sinalizadas no noso Wikiloc.
Sabías que...?
Os camiños de peregrinación a Santo Andrés e as primeiras etapas do Camiño Inglés tamén son unha opción para os sendeiristas.