Semana Santa de Ferrol

A Semana Santa é unha festividade relixiosa que se vive con especial devoción en Ferrol. Xunto coa de Viveiro (Lugo), é a máis destacada de Galicia. En 2014 foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional, o que supón un atractivo aínda maior para gozar desta tradición.
Desde o Domingo de Ramos ata o de Resurrección rememórase intensamente a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. Durante toda a semana saen á rúa ata un total de 26 procesións, organizadas polas cinco confrarías da cidade.
As rúas dos barrios de Esteiro e A Madalena énchense de fieis e turistas para contemplar os lucidos e emotivos desfiles. Sobre todo, durante as procesións do Xoves e do Venres Santo.
Ás coidadas procesións hai que sumarlles a beleza das rúas e dos seus templos. Son tres os escenarios principais. A concatedral de San Xiao, de estilo neoclásico é parada obrigada. Pola súa parte, as capelas da Mercede e da Orden Terceira de San Francisco desbordan encanto, o que contribúe a que a Semana Santa ferrolá sexa aínda máis máxica.
- Concatedral de San Xiao (Ferrol) / Co-cathedral of San Xiao / Concathédrale de San Xiao
- Procesión / Procession (Ferrol)

