Polbo de Mugardos

Mugardos destaca pola súa gastronomía, unha cociña tradicional caracterizada pola calidade e variedade dos seus produtos do mar. E o polbo é, sen dúbida, o gran protagonista dos fogóns.
A vila mariñeira viviu durante décadas case exclusivamente da captura deste rico e prezado molusco. O de Mugardos era o polbo máis solicitado nas feiras do interior de Galicia.
Á calidade do produto capturado nas súas augas úneselle a forma peculiar de cociñalo na vila, distinta ao resto de Galicia. O polbo á mugardesa é coñecido internacionalmente. A súa receita: cocido en auga de mar ata conseguir unha textura tenra, finalmente bótase cortado nunha tixola. Nela elabórase previamente o refrito con aceite, cebola e pemento doce. O prato acompáñase con cachelos.
Cada segundo sábado do mes de xullo, celébrase a Festa do Polbo de Mugardos, declarada de Interese Turístico de Galicia.

