Praias

Os areais de Ferrolterra – Rías Altas son un auténtico paraíso natural para gozar durante todo o ano pero, sobre todo, en verán.
As opcións adáptanse a todos os gustos. As praias ventosas e de fortes ondas para amantes do surf e os areais protexidos da ría, onde practicar deportes como a vela ou o windsurf. Gozar desta costa activa ou simplemente relaxarse tomando o sol en contacto coa natureza. Ti elixes! De norte a sur, máis de cincuenta praias e decenas de calas encantadoras.
As praias de mar aberto destacan pola súa vexetación case virxe. É o caso de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Santa Comba en Ferrol e da Frouxeira ou Pantín en Valdoviño. Outras praias similares, con ondas pero menos fortes, son Vilarrube en Valdoviño ou Bares en Mañón.
As rías protexen os areais de Ares, a praia da Madalena (Cabanas) e a do mesmo nome pero en Cedeira. Estes, ao ser tranquilos, son un destino perfecto para familias con nenos.
En todo o litoral tamén encontramos praias case desérticas como Eirón (Ortigueira), Figueiras (Cariño) e O Baleo (Valdoviño).
Praias con Bandeira Azul en 2014
A Concha e Morouzos (Ortigueira), Doniños, Esmelle, San Xurxo e A Fragata (Ferrol), Bares e Esteiro (Mañón).
- Ber (Pontedeume)
- A Madalena (Cabanas)
- Chamoso (Cabanas)
- Almieiras (Fene)
- Coído (Fene)
- Doniños (Ferrol)
- San Xurxo (Ferrol)
- Santa Comba (Ferrol)
- Ponzos (Ferrol)
- Lumebó (Ferrol)
- A Frouxeira (Valdoviño)
- O Baleo (Valdoviño)
- Vilarrube (Valdoviño)
- Pantín (Valdoviño)
- Picón (Ortigueira)
- San Antón (Ortigueira)
- Esteiro (Mañón)

