Parque Natural Fragas do Eume

Ás Fragas do Eume accédese desde A Capela, Pontedeume, Cabanas, Monfero ou As Pontes, municipios polos que se estende este espazo, parque natural desde 1997.
As fragas son o refuxio da flora e fauna da rexión. Na vexetación destacan carballos, freixos, ameneiros, castiñeiros, bidueiros, acivros e albedros. Estas especies arbóreas, moitas delas con millóns de anos de vida, seguen o curso do Eume ata a súa desembocadura na ría de Ares.
Unha gran diversidade de mamíferos, anfibios (13 especies das 15 que hai en Galicia atópanse aquí!), réptiles e aves habitan as fragas. Londras, cervos, píntegas, falcóns, merlos… Todos eles conviven no parque para o goce de quen o visita.
Neste espazo natural tamén encontran o seu fogar moitas especies en perigo de extinción, como o castigado lobo ibérico.
Nun montículo rochoso das Fragas do Eume encontramos o mosteiro de Caaveiro. A orixe desta construción remóntase ao século X, vinculada á vida monástica do lugar. Le máis sobre este e outros mosteiros do destino.
Centro de Interpretación (Pontedeume)
Horario:
Inverno 10.00 – 14.00h / 16.00 – 19.00h
Verán 9.00 – 14.00h / 16.00 – 20.00h
Visitas guiadas
T. 981 432 528
- Ponte colgante do río Eume / Puente colgante sobre el Eume / Suspension bridge over the Eume river / Pont suspendu sur la rivière Eume
- Panorámica da ponte colgante sobre o río Eume / Panorámica del puente colgante sobre el río Eume / Panoramic view of the suspension bridge over the river / Vue des Fragas do Eume du monastère de Caaveiro
- Vistas desde o mosteiro de Caaveiro / Vistas de las Fragas desde el monasterio de Caaveiro / View of the Fragas do Eume from the Caaveiro monastery / Vue depuis le monastère de Caaveiro
- Sendeirista no Parque Natural / Senderista en el Parque / A rambler in the Natural Park / Un randonneur au Parc Naturel

