Natureza
Ferrolterra – Rías Altas ofrece auténticos tesouros naturais. Longas praias de area branca e pequenas calas que se agochan na accidentada costa. Tamén rías e lagoas de gran valor ecolóxico. Xa no interior do destino, son moitos os espazos protexidos. O corazón, o noso ben máis prezado, o Parque Natural Fragas do Eume.