MONFERO

O mosteiro de Santa María de Monfero é o emblema deste municipio. Fundado a comezos do século XII, foi renovado completamente no XVII polo que predomina o estilo barroco.
O maxestoso aspecto desa construción relixiosa amósanos o poder que tiña o clero na comarca. Lémbranos, tamén, que este foi un dos mosterios máis poderosos de Galicia.
Monfero conserva varias pontes medievais, todas dun só arco e construídas no século XV. Son Ponte do Dez sobre o río Frai Bermuz, Ponte de San Paio sobre o río Lambre, e outra que cruza o Lambruxo.
A contorna natural de Monfero é un lugar ideal para o turismo activo. De feito, unha das ofertas que podes encontrar é un circuíto de multiaventura. O municipio convértese nun destino ideal para os amantes dos deportes de montaña.

