MAÑÓN

En Mañón, que separa as provincias da Coruña e Lugo, os altos cumes da serra da Faladoira contrastan coas paisaxes da ría.
O punto emblemático do municipio é Bares. Este porto posúe unha excepcional importancia arqueolóxica, pois para a súa construción reutilizouse un dique fenicio do século VII a.C.
Estaca de Bares é a punta máis septentrional da península Ibérica. Nela, fúndense as augas do Cantábrico e do Atlántico. É, ademais, un dos mellores puntos de observación de aves de toda Europa.
O faro de Estaca de Bares sen un estilo definido ten, en cambio, un encanto especial. A impresionante contorna contribúe a iso. Preto do faro sitúase o Semáforo, unha antiga construción militar convertida nun acolledor hotel.
Como curiosidade, en Mañón encontramos a maior plantación de camelias de Europa. Está no pazo de Torre de Lama. Porén, é unha propiedade privada que non se pode visitar.

