fervenzaO río Belelle nace nas Fragas do Eume, no municipio de As Pontes. Transcorre pola Capela, Fene e Neda, onde desemboca. Tamén en Neda se atopa un dos seus maiores atractivos, a case oculta Fervenza do río Belelle.

Na súa traxectoria cara ao mar, preto da aldea do Roxal, o curso do río cae en forma de fervenza. Con 45 metros de altura, este salto de auga do Belelle é un dos máis altos de Galicia. A súa espectacularidade e a contorna na que se atopa, rodeada dun bosque de carballos e castiñeiros, converten a fervenza nun paraíso no medio da natureza.

A ribeira do río, con parada na fervenza e no miradoiro que hai subindo a montaña, converteuse nunha ruta de sendeirismo indispensable para os amantes da natureza.

Descubre a ruta “Belelle, corrente de ideas” en Wikiloc.

Consello
O mellor momento para admirala é en outono e inverno, cando o caudal do río aumenta.
Sabías que...?
Máis elevada cá fervenza, encontramos a central hidroeléctrica construída a comezos do século XX, aínda en funcionamento. Esta obra sacou da escuridade a cidade de Ferrol.