Ferrolterra promociona os seus recursos turísticos no País Vasco
O Plan de Turismo de Ferrolterra – Rías Altas estará durante toda esta fin de semana no maior centro de ocio e restauración de Bizkaia dando a coñecer os atractivos turísticos do territorio.
Esta actuación se enmarca dentro das accións previstas no marco do convenio entre a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia para a promoción turística de Ferrolterra durante o ano 2016.
O País Vasco é un dos principais puntos de orixe dos visitantes que acoden a visitar as comarcas de Eume, Ferrol e Ortegal. A mellora nos sistemas de comunicación permite que a conexión entre ambos territorios se realice en pouco máis de 5 horas en coche. Ademais, os habitantes do País Vasco se atopan regularmente no top 3 das rendas dispoñibles máis altas por habitante de todo o estado.
Dous informadores turísticos da zona estarán asesorando aos visitantes do Max Center Barakaldo sobre os mellores puntos para gozar da natureza, gastronomía e patrimonio de Ferrolterra.
Ademais de material propio do plan como planos de Ferrolterra, rutas de sendeirismo, información do proxecto do xeoparque de Cabo Ortegal ou guías de praias, hai información aportada por diferentes concellos do destino como Ferrol, Ortigueira, Cariño, Cabanas, Pontedeume e As Pontes, entre outros, así como escolas de surf.
O centro comercial ten cerca de 6 millóns de visitantes anuais e, cun espazo de máis de 59000 m2, atópase entre os máis grandes centros comerciais de todo o territorio vasco.