Exponav, a arte de facer barcos

Exponav non é un museo ao uso, senón unha exposición viva que nos convida a coñecer a principal actividade da comarca ferrolá nos últimos 300 anos: a construción naval.
Grazas ás súas maquetas, pezas históricas, antigas ferramentas, vídeos e máquinas interactivas poderemos achegarnos a esa actividade dunha forma amena e entretida.
Trátase dunha visita cun alto valor didáctico para cativos e maiores. É unha exposición que merece a pena pola calidade dos seus fondos así como polo insólito dalgunhas das pezas que se amosan no interior da mesma.
Ademais do contido, o edificio é digno de admirar. Este albergaba as antigas ferrarías do estaleiro, que datan do século XVIII.

Sabías que...?
En Exponav poderás viaxar no tempo e meterte nas tripas dun vello galeón do século XVIII ou entrar nunha fragata dos nosos días.
