O patrimonio industrial de As Pontes

A panorámica da vila das Pontes de García Rodríguez é impresionante. De sobra coñecida pola súa Central Térmica, As Pontes ofrece unha paisaxe industrial na que a natureza, agora, tamén está presente.
As torres e a enorme cheminea da central térmica coroan unha paisaxe que, con todo, ofrece moito máis. É o caso do lago das Pontes. A contorna natural da antiga mina a ceo aberto, pechada en 2007, foi restaurada.
A mina de lignito foi explotada desde 1976 para subministrar enerxía á central térmica que se encontra aos seus pés. O oco mineiro está cuberto con agua, parte do río Eume, formando un enorme lago azul. As súas medidas son espectaculares: case 18 quilómetros de perímetro e 205 metros de profundidade.
Na ribeira do lago, próxima ao centro, atopamos unha praia artificial de máis de 400 metros de longo. Xa no interior do lago, hai dúas illas: unha para representar a flora autóctona e outra como reserva ornitolóxica.
Nas Pontes de García Rodríguez mestúrase o turismo industrial, que configura a súa personalidade, co natural.
- Lago das Pontes / As Pontes lake / Lac d’As Pontes
- Central Térmica de Endesa / Endesa power station / Centrale thermique Endesa

