O Arsenal de Ferrol
O Arsenal é unha base naval do século XVIII que a día de hoxe segue albergando barcos de guerra na súa dársena. A Armada española coida, mantén e aprovisiona estes buques que, ao longo dos séculos, deixaron de ser de madeira a estar fabricados en aceiro e coa última tecnoloxía.
Historia e modernidade van da man no Arsenal, polo que visitalo é unha experiencia altamente recomendable. Percorrendo as súas instalacións veremos os navíos máis modernos da Armada española xunto a edificios de máis de 250 anos de historia, perfectamente conservados e en uso, mesturados con armamento como lanzamísiles ou canóns, coma os dos piratas.
Consello
No caso de non poder acceder (pois a visita só se fai cunha ruta organizada), desde os Xardíns de Herrera, no centro, hai boas vistas cara a esta base e os seus buques.Sabías que...?
As fragatas que están amarradas no Arsenal de Ferrol corresponden ao modelo máis moderno da Armada española. Son as F-100, cuxo radar ten un alcance duns 500 quilómetros.