CERDIDO

Cerdido é un municipio de interior dominado polo verde. Cunha localización estratéxica, a súa paisaxe natural é de gran riqueza, debido en parte aos dous ríos que atravesan o seu territorio.
Dedicado á actividade agrícola, os produtos da terra danse cita na tradicional Feira da Barqueira. Esta feira de gando e produtos do campo celébrase desde tempos inmemoriais. Na actualidade dedícase a un produto en particular, segundo a tempada.
A pegada dos seus antigos señores feudais mantense nalgunas construcións. É o caso da igrexa de San Martiño, do século XVI. Nela destacan a torre e o campanario con traza barroca e os emblemas da casa feudal.

Sabías que...?
Unha das feiras máis concorridas é a dedicada aos cabalos.
