Castelos

Son seis os castelos que se conservan en bo estado no destino Ferrolterra – Rías Altas.
Os Andrade, señores feudais do territorio, levantaron varios castelos para protexer as súas infinitas propiedades. En Pontedeume, o castelo de Andrade levántase sobre a Pena Leboreira, dominando a desembocadura do río Eume. Na vila, o Torreón, único resto do antigo pazo, é agora oficina de turismo e Centro de Interpretación da historia da familia.
Vinculados á mesma familia, tamén encontramos os castelos medievais de Naraío (San Sadurniño) e de Moeche. Neste chama a atención a Torre da Homenaxe con 18 metros de altura. Cada ano conmemórase, co Festival Irmandiño, a revolta dos irmandiños que lograron vencer á nobreza.
No século XVI, levantáronse nun enclave estratéxico os castelos de San Felipe (Ferrol) e A Palma (Mugardos). Entre os dous, convertían a ría ferrolá nun fortín. Ademais de polo seu valor arquitectónico e histórico, a visita a estas construcións militares merece a pena pola contorna natural na que se sitúan.
A beleza da paisaxe tamén caracteriza o castelo da Concepción, en Cedeira, tamén construído con carácter defensivo. Aínda hoxe se poden ver dous foxos, pertencentes ao castro sobre o que se levantou.
En Ortigueira consérvanse as ruínas do Casón. Un panel explicativo descúbrenos como era a estrutura desta torre que vixiaba a ría.
- Castelo de San Felipe (Ferrol) / Castillo de San Felipe / San Felipe castle / Château de San Felipe
- Castelo da Concepción (Cedeira) / Castillo de la Concepción / Concepción castle / Château de la Concepcion
- Castelo de Moeche (Moeche) / Castillo de Moeche / Moeche’s castle / Château de Moeche
- Castelo de Naraío (San Sadurniño) / Castillo de Naraío / Naraío castle / Château de Naraío
- Castelo da Palma (Mugardos) / Castillo de A Palma / A Palma castle / Château d’ A Palma
- Castelo de Andrade (Pontedeume) / Castillo de Andrade / Andrade’s castle / Château d’Andrade

