Camiño Inglés

O Camiño Inglés é un dos oito camiños a Santiago de Compostela. Esta ruta, unha das menos saturadas, é ideal para os peregrinos que prefiran unha viaxe aínda máis tranquila e relaxada. Ademais, e a pesar de ser o camiño máis curto, ofrece unha gran riqueza paisaxística, tanto de costa coma de interior.
Por mar, xa no século XIV, os británicos chegaban ao de Ferrol e a outros portos veciños. Da procedencia destes peregrinos toma o seu nome. O chamado Camiño Inglés ten o seu punto de partida no porto de Curuxeiras de Ferrol. Ata Santiago de Compostela quedan por diante 118 quilómetros de traxecto.
En Ferrol, os peregrinos recollen a credencial do Camiño na oficina de turismo do porto ou na concatedral de San Xiao. Desde aquí, a viaxe prosegue nas súas primeiras etapas por varios municipios do litoral da comarca.
Narón, Neda, Fene, Cabanas e Pontedeume son lugares de paso para os camiñantes ou, incluso, de parada, grazas aos albergues existentes en Neda e Pontedeume. No transcurso do Camiño, pódese admirar gran parte dos recursos patrimoniais do destino Ferrolterra – Rías Altas.
Descubre a ruta de sendeirismo do Camiño Inglés en Wikiloc.
- Porto de Ferrol / Puerto de Ferrol / Ferrol harbour / Port de Ferrol
- Mosteiro de San Martiño do Couto (Narón) / Monasterio de San Martiño de O Couto (Narón) / San Martiño monastery (Narón) / Monastère de San Martiño d’O Couto (Narón)
- Neda
- Pontedeume

