Vilarmaior é unha pequena vila rural que servía de paso aos peregrinos do vello camiño a Santiago. Quen visite o municipio descubrirá paisaxes virxes e lugares cheos de encanto.

Coma os seus municipios veciños, Vilarmaior tamén conserva xacementos arqueolóxicos coma As Croas e Tesouro de Vilarmaior así como varios gravados rupestres.

No patrimonio arquitectónico destacan a igrexa de Santa María de Doroña (S.XII), a casa reitoral de San Xurxo de Torres e os diversos muíños que se conservan na ribeira dos ríos do municipio.

En Vilarmaior celébrase a Feira das Flores, unha festa única na zona que ensalza a cultura rural galega. Artesanía, gastronomía e flores danse cita cada terceiro domingo de maio.

http://concellodevilarmaior.es/

Consello
Se che gusta o turismo ecuestre, en Vilarmaior existen rutas a cabalo coas que descubrirás o municipio.
Sabías que...?
Varias rutas de sendeirismo pasan por Ponte de Cioi, ponte románica que formaba parte do antigo camiño real que atravesa o concello ata Pontedeume.