San Sadurniño é un municipio de interior e rural. Situado no val do río Grande de Xuvia, é o destino ideal para gozar da bonita contorna natural e respirar tranquilidade.

San Sadurniño conserva diversas construcións da época en que fora núcleo administrativo da comarca. Entre todos, destaca o castelo de Naraío. Esta fortaleza do século XIV encóntrase a máis de 300 metros de altitude. Desde este enclave, as vistas son sorprendentes.

No municipio destaca o convento do Rosario, século XVI. É interesante porque conserva o claustro con sete arcos de medio punto en cada lado.

Outro monumento que merece a pena visitar é o pazo da Marquesa de San Sadurniño, sede agora do Concello. O pazo chama a atención pola súa galería acristalada do século XIX. No seu momento, tamén os xardíns de estilo francés con elementos exóticos. En 2013 o Concello rehabilitou a contorna do pazo para recuperar o espírito nobre que tiveran.

http://sansadurnino.gal

Consello
Pasa unha fin de semana de retiro nunha casa de turismo rural.
Sabías que...?
San Sadurniño coñécese como a “vila da tranquilidade”.