De vida industrial, Narón agocha un grande interese arquitectónico e paisaxístico. Descubrir este municipio significa encontrar máis de 200 puntos de interese.

Boa mostra diso son a igrexa románica de San Martiño de Xuvia, o cemiterio prehistórico do Monte dos Nenos, así como os tres pazos existentes e exemplos de casas medievais.

Narón tamén presume do seu pasado celta, con 17 mámoas catalogadas na aldea de Sedes. É aquí onde se celebra cada verán o Oenach céltico, unha festa que recorda as tradicións ancestrais.

Da súa tradición industrial, aínda se conservan cinco muíños, coma o de Xuvia e As Aceas. Este muíño de mareas, construído no século XVIII, foi unha das principais fábricas de fariña no S.XIX.

Das mostras de arquitectura relixiosa, o mosteiro de San Martiño do Couto resalta sobre todas. O edificio actual é de comezos do XII, reconstruído no século XVIII. O mosteiro está declarado Monumento Artístico Nacional. Nel comeza o camiño vello a Santo Andrés de Teixido, unha das peregrinacións máis famosas de Galicia. Tamén é lugar de paso do Camiño Inglés a Santiago de Compostela.

http://turismo.naron.es

Consello
Anímate a facer algunha das rutas que o propio Concello elaborou e, así, descubrir a riqueza arquitectónica de Narón.
Sabías que...?
O Oenach era o espazo que as tribos celtas empregaban na Idade de Ferro para establecer alianzas militares e matrimonios.