ARES
O pequeno municipio de Ares destaca polas súas tranquilas praias e a súa arquitectura pintoresca. Estes elementos dotan de encanto case calquera recuncho que se visite.
Ares, dedicado tradicionalmente á pesca, conserva moitas das súas antigas casas de aspecto mariñeiro. Estas destacan polos balcóns de madeira, usados para colgar as redes dos barcos.
Un deses lugares máxicos é a pequena aldea de Redes, cuxo nome evoca a importancia pesqueira do seu porto. A súa peculiaridade é que as casas están á beira do mar e os mariñeiros amarran as súas embarcacións nas súas portas.
O valor monumental de Ares é digno de mención, como as igrexas de Santa Olalla de Lubre, Cervás, San Vicente de Caamouco e a ermida de Nosa Señora da Mercede. Ademais, repartidos por todo o municipio, consérvanse cinco castros prerromanos.
Unha visita obrigada é o mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, de construción románica. Foi fundado no século XIV por don Fernán Pérez de Andrade O Bo e habitado polos franciscanos. Xa en 1837 pasará a mans do Exército. De propiedade municipal, pódese visitar as fins de semana e todos os días polo verán.