Ás Fragas do Eume accédese desde A Capela, Pontedeume, Cabanas, Monfero ou As Pontes, municipios polos que se estende este espazo, parque natural desde 1997.

As fragas son o refuxio da flora e fauna da rexión. Na vexetación destacan carballos, freixos, ameneiros, castiñeiros, bidueiros, acivros e albedros. Estas especies arbóreas, moitas delas con millóns de anos de vida, seguen o curso do Eume ata a súa desembocadura na ría de Ares.

Unha gran diversidade de mamíferos, anfibios (13 especies das 15 que hai en Galicia atópanse aquí!), réptiles e aves habitan as fragas. Londras, cervos, píntegas, falcóns, merlos… Todos eles conviven no parque para o goce de quen o visita.

Neste espazo natural tamén encontran o seu fogar moitas especies en perigo de extinción, como o castigado lobo ibérico.

Nun montículo rochoso das Fragas do Eume encontramos o mosteiro de Caaveiro. A orixe desta construción remóntase ao século X, vinculada á vida monástica do lugar. Le máis sobre este e outros mosteiros do destino.

Centro de Interpretación (Pontedeume)
Horario:
Inverno 10.00 – 14.00h / 16.00 – 19.00h
Verán 9.00 – 14.00h / 16.00 – 20.00h
Visitas guiadas
T. 981 432 528

Consello
Visita o mosteiro de Caaveiro. As vistas das fragas desde aquí son, se cabe, máis espectaculares.
Sabías que...?
Conta a lenda que Deus prometeu a ofrenda dun home cada ano ao río que chegase primeiro ao mar. O Eume foi traizoado polo outros e, ao enfurecer, volveuse bravo e conseguiu chegar primeiro ao océano.