Música celta en ebulición, asistentes de toda Europa, un espírito libertario… O Festival de Ortigueira, xurdido en 1978 da man da Escola de Gaitas de Ortigueira, converteuse cos anos nunha cita ineludible do verán galego, alcanzando no 2005 a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.

Miles de mozos e mozas toman cada mes de xullo destino ao Ortegal para entregarse aos seus catro días de música e diversión, unha forma diferente de entrar en contacto cun estilo musical afastado dos circuítos máis comerciais e convivir en plena natureza nun ambiente de liberdade único.

Máis ca música
Organizado polo Concello de Ortigueira, a oferta do veterano evento inclúe unha vintena de concertos gratuítos das bandas máis recoñecidas da música celta, as figuras máis notables da industria do folk galego e novos creadores. Ademais, ao redor do núcleo central dos concertos desenvólvese unha variada oferta de manifestacións artísticas: fotografía, artesanía… que enriquecen a proposta do festival, galardoado co Premio da Cultura Galega 2015.

Consello
Reserva o mellor sitio na zona de acampada. Gozarás da praia de Morouzos e darte un baño nada máis espertar.
Sabías que...?
O Festival Internacional do Mundo Celta é, desde 2005, Festa de Interese Turístico Internacional.