FERROL
Ferrol é a cidade dos contrastes. A ría que leva o seu nome, as súas rúas medievais, as construccións militares e os castelos fortificados.
A cidade constrúese na súa relación co mar. Á súa beira nacen os estaleiros. A construción de grandes barcos é a actividade que caracteriza Ferrol desde o século XVIII. Convértese entón nunha cidade industrial, á vangarda da modernidade.
A súa tradición militar e industrial perduran no emblema da cidade, o Arsenal, que aínda é utilizado pola Armada española. Nel encontraremos numerosos elementos catalogados como Bens de Interese Cultural.
Outra construción militar da cidade, e principal atractivo turístico, é o castelo de San Felipe. Situado á entrada da ría para controlar o tráfico marítimo, o edificio de pedra que hoxe observamos data do século XVIII, aínda que a construción primitiva é de dous séculos antes.
No centro de Ferrol encontramos outros edificios emblemáticos. Por exemplo, o Parador Nacional de Turismo, unha mansión señorial de aire mariñeiro, e o Teatro Jofre, unha das obras de arquitectura teatral máis importantes de España.
Con todo, Ferrol tamén é natureza. Basta con afastarse do núcleo urbano para descubrir praias espectaculares, case virxes, coma Doniños.