Conservas de Cariño
Ao falar de conservas de Cariño aglutinamos baixo unha mesma denominación as diferentes marcas da industria conserveira desta vila mariñeira. Todos os seus produtos distínguense pola gran calidade, baseada no excelente peixe e marisco que se utiliza na súa esmerada elaboración.
Estas conservas continúanse elaborando segundo manda a tradición, que se remonta na vila mariñeira a finais do século XIX. Estes deliciosos manxares pódense encontrar no mercado de abastos e noutras tendas da vila, así como nas fábricas.
En Cariño atopamos conservas delicatessen de todo tipo. De bonito do Norte, atún, bacallau, congro, polbo, mexillóns, zamburiñas… En salsa de vieira, escabeche ou aceite de oliva.
De todos os peixes, o prato estrela son as sardiñas lañadas. Trátase, en realidade, dunha semiconserva que utiliza a técnica da salgadura. A súa preparación ao estilo cariñés é un segredo e pódese degustar na Festa da Caldeirada de Raia e da Sardiña Lañada, unha das citas ineludibles de agosto en toda a comarca.
Máis ca peixe
Desde hai uns anos, en Cariño fabrícanse conservas aproveitando a gran calidade dos produtos da terra. Elaboradas con produtos de tempada, encontramos marmeladas de tomate ou kiwi e, incluso, conservas de grelos.